Perturbación violenta da atmosfera, con fortes ventos e chuvias, ás veces acompañados doutros fenómenos, que provoca ondas de moita altura no mar
Etimoloxía
Palabra que bebe directamente da latina tempestate ‘tempo do día’, ‘tempo’ ou ‘borrasca’.
Exemplos *
“O Sandre sentiu correr a porta nas bisagras, aínda no fragor da tempestade que arreciaba, e soubo que alguén, e non boa xente, de seguro, entraba na corte.” (Ramón Caride: Terra queimada, 2017)
“Chegaron as grandes choivas e as pequenas tempestades, a enxurrada. E o inequívoco anuncio da unánime sonata do inverno, aínda que o calendario diga outra cousa.” (Manuel Vidal Villaverde: O Correo Galego, 23-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.