tradición

Conxunto de usos e costumes antigos propios dun pobo, transmitidos de xeración en xeración e o feito mesmo de seren transmitidos

Etimoloxía

Voz que bebe da palabra do latín traditio cun significado coincidente.

Exemplos *

“Pero a tradición en Compostela sinala como casa do nacimento de Rosalía, outra, situada a continuación –por detrás– da que leva o número 1 da Avenida de Vilagarcía de Arousa –estrada de Conxo–.” (Ricardo Carballo Calero: Historia da literatura galega contemporánea, volume 1, 1963)

“San Cibrao de Antioquía ten un culto moi antigo en Hispania, crese que desde o século V. Na tradición popular ten sona de meigo en toda Europa e atribúeselle un libro que recolle meigallos, feitizos e maxia, O Ciprianillo.” (Luz Méndez: Toponimia de Agolada, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.