vacinación

Acción de vacinar ou vacinarse

Etimoloxía

Palabra que remite a “vacina” que procede do latín científico (variola) vaccina, que no clásico significaba ‘relativo á vaca’.

Exemplos *

“Baixo a coiraza ofrecida por unha expedición humanitaria , que levaba alimentos aos diferentes campamentos e organizaría unha campaña de vacinación entre os nenos refuxiados , o escritor sería acollido por unha familia que residía no campamento de Smara” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)

“A vacinación universal podería erradica-la varicela tal como se fixo coa varíola.” (Alberto Cifuentes: O Correo Galego, 13-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.