Cada unha das fillas de Odín, deus da guerra, na mitoloxía nórdica.
Etimoloxía
Procede do escandinavo antigo valkyrja ‘a que escolle os caídos na batalla’.
Exemplos *
“Odín escolle o heroe que debe entrar no Val-Hall, a morada inmensa de portas incontables, para celebrar coas valquirias o banquete eterno.” (Avelino Abuín de Tembra: Galicia Hoxe 28-02-2005)
“Unha cabalgada de valquirias retumbaba sobre a miña cabeza.” (Xosé Manuel Martínez Oca: A escura chamada dos caborcos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.