xardineiro, -a

Persoa que ten por oficio coidar e cultivar xardíns

Etimoloxía

Palabra formada a partir do substantivo xardín, que procede do francés jardin ‘terreo cercado para cultivar’ e o sufixo -eiro/a.

Exemplos *

“(...) O lugar secreto aló ó fondo do xardín, detrás duns tabiques, nun curruncho do alpendre onde metía os aparellos o xardineiro, e cando don Andrés estaba na casa aló me metía eu a ler tebeos.” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais, 2007)

“Sentado polas tardes no salón da planta baixa, mentres lía algún xornal, ten reparado moitas veces, a través dos espellos, nas diversas operacións que levaba a cabo o xardineiro, sempre atarefado coas flores e coa terra, tirando plantas diminutas do interior das estufas, regando algún fragmento do terreo” (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.