xeira

Xornada de traballo, tempo durante o que se fai un traballo sen interrupción

Etimoloxía

Vocábulo produto da locución latina diaria opera ‘tarefa diaria’.

Exemplos *

“Daquela etapa chea de afervoamentos idealistas, lembro dun xeito especial, unha xeira na que nos concentramos en Celanova mozos de toda Galicia.” (Francisco Fernández del Riego: Camiño andado, 2003)

“Despois dunha estancia en Xenebra, (...) estas xeiras de formación deben continuar polo estranxeiro. Segue un itinerario por Europa que lle permite admirar Praga e ao pobo checo (...), comprobar en Polonia a "chafallada" que fora o trazado de fronteiras, polo famoso corredor de Danzig.” (Marga Romero: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.