xerez

Viño branco, seco e de alta graduación, que se produce principalmente en Xerez da Fronteira e noutros lugares da provincia de Cádiz

Etimoloxía

Denominación que remite ao topónimo Xerez da Fronteira, Cádiz.

Exemplos *

“Ben provistos de licores, xerez e borgoña, embarcáronse no vapor Le Chili, que facía cabotaxe ata a costa africana, e pasaron toda a travesía entre fogóns, bebendo e cociñando para a tripulación.” (Pedro García Luaces: Luzes, 12-2014)

“Ás veces poño a orella para ouvir o que din, pero outras falan moi alto. Tan pronto toman os canapés cunha copiña de xerez ou un vaso de sangría soben a voz e eu escóitoas sen esforzo dende outro cuarto...” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.