dínamo

Xerador eléctrico que transforma a enerxía mecánica en enerxía eléctrica.

Etimoloxía

O seu nome baséase no grego dynamis –eos ‘potencia’ e supón unha redución do que lle dera o seu inventor, dynamoelektrischemaschine.

Exemplos *

“… o ruído xordo dunha dínamo rozando na goma da roda prendía unha luz enferma no faro dunha bicicleta que se detivo diante da casa.” (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)

“Colocamos unha dínamo na polea que move as cordas do ascensor e así é como obtemos a electricidade” (Código Cero 11-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.