saga

Relato histórico ou mitolóxico, en prosa, da literatura medieval de Escandinavia, ás veces baseado en poemas e lendas máis antigas.

Etimoloxía

Parece que nos chegou do francés, que o tomara da forma idéntica do escandinavo antigo, que significaba ‘historia’ ou ‘conto’.

Exemplos *

“Hoxe tivemos unha néboa mesta que nos deitou no perigoso mar habitado polo Kraken e outras estirpes de bestas mitolóxicas das sagas escandinavas.” (Xavier Paz: Follas de bacallau)

“Estes contactos entre os pobos procedentes do Atlántico norte e Galicia quedaron recollidos na literatura xermánica, concretamente na personaxe da doncela Hildeburg, de Galicia, presente na saga poética Kudrun.” (Xosé Manuel Cerviño: Apuntamentos históricos de navegación en Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.