coro

Conxunto de persoas que executan xuntas, cantando, pezas musicais ou partes destas.

Etimoloxía

Vén da forma latina para denominar o coro da traxedia, chorus, -i, voz que se tomara do grego.

Exemplos *

"Era cóengo da Catedral, onde tamén exercía de contralto no coro que amenizaba a misa solemne dos domingos …" (Alberto Canal: Conexión Tubinga)

"Rebeca deu logo cun coro de nubes e preguntoulles que canción cantaban porque cada unha delas tiña forma de violín, de frauta, de tambor e mesmo de piano que só tivera teclas brancas." (Camilo Franco: Palabras contadas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.