farol

Caixa de vidro portátil ou fixa a un poste ou parede, cunha luz dentro para alumar, que pode ser de combustión (de gas, de petróleo, de aceite) ou eléctrica.

Etimoloxía

Pode proceder do catalán faró, pero, en última instancia, remite á illa grega de Pharos, famosa polo seu faro.

Exemplos *

"Non os vía, pero sabía que avanzaban detrás del, encabezados polos que portaban o estandarte, o caldeiro da auga bendita, o peto das ánimas, o farol do Viático e a campaíña que oíra antes de entrar na casa …" (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas)

"Caldas entregoulla e o aragonés aproximou o papel ao cristal buscando a luz do farol." (Domingo Villar: A praia dos afogados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.