monodia

Canto para unha soa voz.

Etimoloxía

Chegounos desde o latín, aínda que a base está no grego, onde se combinaron os elementos mono 'único, só' e ode 'canto'.

Exemplos *

"E a miña ópera é un produto cultural, unha monodia triste, filla dunhas circunstancias escabrosas que ninguén quere lembrar." (Manuel Lourenzo: A larva furiosa)

"Os autores acoden agora con frecuencia ás monodias profanas como tenor das súas composicións. Con todo, a base da composición continúa sendo a monodia gregoriana …" (Paulino Pereiro: Iniciación á linguaxe musical)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.