vociferar

Falar moi alto, a berros, e, frecuentemente, con enfado ou cólera

Etimoloxía

Palabra culta que vén do equivalente latino vocifare ‘dicir en voz alta’.

Exemplos *

“Cando me dispuña a vociferar unha fabulosa batería de insultos que só reservo para condutores desaprensivos e militares golpistas, decateime de que o criminal que conducía aquela cafeteira con rodas era Saturnino Ferreirós” (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria, 2007)

“Gloria abriu as contras da fiestra, sorprendida, ó ollar a un grupo de mozos vociferando para agasallala.” (Beatriz Dacosta Molanes: Casca de noz, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.