cono

Relevo formado pola lava, a cinza e a escoura que caen arredor dun volcán.

Etimoloxía

Procede do grego konos –ou, designación da figura con esta forma.

Exemplos *

“A forma dos depósitos, así como a súa localización ao redor dun cono volcánico, apuntan que a súa orixe foi un sistema hidrotermal, o cal podería albergar vida ...” (Galicia Hoxe 01-11-2010)

“O señorío de Ancapán está presidido por un grandioso cono volcánico, de branco purísimo, distinto dos demais na súa perfecta e nevada simetría.” (Xavier Alcalá: Alén da desventura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.