solidarizar

Ser solidario

Etimoloxía

Verbo formado sobre o adxectivo “solidario” e este procede de solidus ‘denso’, ‘consistente’.

Exemplos *

“A policía rexistrou o local e atopou unhas cartas do Clube de Mariñeiros de Hamburgo, que se solidarizaba coa pasada folga habaneira.” (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México, 1980)

“Para os galegos da diáspora e para as persoas que se queiran solidarizar con Nunca Máis e o pobo galego tamén hai organizadas mobilizacións en varios puntos de Europa.” (A.N.T.: A Nosa Terra, 20-2-2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.