verxel

Xardín, terreo etc., moi fértil, poboado de flores e árbores.

Etimoloxía

Tomouse do francés vergel, que, en última instancia, remite ao latín virides, -e 'verde'.

Exemplos *

"E despois de cabalgaren un bo treito el descubriu no alto dun outeiro un verxel con laranxas, e endereitounos contra alí." (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes)

"Non é que aquilo fose un verxel, pero aquí e acolá tiña localizado o imprescindíbel para morrer sen sobresaltos …" (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.