volcán

Conduto da superficie terrestre que expulsa ou expulsou materias en fusión e gases.

Etimoloxía

Este substantivo procede do nome do deus romano do lume Vulcanus –i.

Exemplos *

“... pensaba en Parménides como nun amigo incuestionábel, e amaba a Heráclito tamén intensamente e vía a Empédocles no Etna e a súa sandalia derradeira nas beiras do volcán.” (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella)

“Unha fada das lapas xurdida do centro da terra saíu das profundidades pola cheminea dun volcán en erupción.” (Manuel Janeiro: A fada das lapas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.