
O ser humano mirou sempre o espazo con temor, esperanza ou curiosidade. Quixemos e seguimos querendo saber que hai aí fóra, quen somos nós respecto ao firmamento que percibimos e se “estamos sós na Galaxia ou acompañados?”, que cantaba Siniestro Total.
Podemos dicir que desde que a humanidade existe, a astronomía existe e aínda que durante moitos anos non puidese manexar os parámetros que hoxe consideramos necesarios na ciencia, si respondía ao interese innato da nosa especie por comprender o universo.
Ás investigacións astronómicas contribuíron en gran maneira os avances técnicos, entre os que está a invención do telescopio. O 24 de abril de 1990, lanzouse o telescopio espacial Hubble. Nestes máis de 30 anos de funcionamento, as súas observacións facilitaron o traballo de moitos científicos, pois nebulosas, galaxias, estrelas, planetas… puideron contemplarse grazas a el.
Imos dar un paseo por sete palabras do ámbito astronómico subidos no carro deste Setestrelo.