
Desde 1992, cada 26 de marzo conmemórase o Día Mundial do Clima que se creou para xerar conciencia e sensibilizar as persoas a nivel mundial sobre a importancia e influencia do clima.
Actualmente vivimos nun momento en que todos os ollos do mundo están postos sobre a xestión do que xa se empeza a coñecer como crise climática. O cambio climático, do que levamos oíndo falar desde hai moitos anos (e, nalgúns casos, toda a vida) está chegando, e os seus efectos, á vista do que di a comunidade científica, poden ser devastadores para o noso planeta.
“Non hai planeta B”, din moitas pancartas das manifestacións que, cada vez con máis forza, reclaman solucións para o que xa se coñece como o maior reto ao que se enfrontou nunca a humanidade. Velaquí vos ofrecemos sete palabras para explicar o cambio climático. Poderían ser outras, porque palabras temos a esgalla; pero planeta, por desgraza, só temos un.