broma

Dito ou feito sen importancia dirixido a unha persoa para rirse pero sen intención de molestala

Etimoloxía

Palabra que procede do grego broma ‘molusco’ que se adhería aos barcos e que os facían moi pesados e logo pasou a indicar ao individuo pesado e aos feitos burlesco que facía.

Exemplos *

“Polo visto é moi simpático e mesmo fai bromas cando lle pode sacar partido.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“Serafín aguantaba as bromas cunha ollada vergoñenta e un sorriso tímido.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / O abrigo, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.