comunicación

Acción de comunicar ou comunicarse

Etimoloxía

Voz que procede da latina communicatio, -ōnis onde significaba 'acción de comunicar, de participar'.

Exemplos *

“É para min unha linguaxe do paraíso, pois en certo xeito conecta co mito dun universo integrado no que a linguaxe abranguía a comunicación total entre os seres todos da terra, unha especie de Esperanto amoroso.” (Carlos Negro: Sermos Galiza, 3-12-2015)

“A comunicación é linguaxe, a linguaxe faise lingua. A lingua crea realidade ao designar o mundo e os seus lindes.” (Antón Dobao: Sermos Galiza, 18-6-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.