estreito -a

Amizade, unión etc. que é moi íntimo.

Etimoloxía

Tomouse do latín strictus, -a, -um, participio do verbo strigere 'apertar'.

Exemplos *

"… cando os amigos e parentes sabían da celebración da voda considerábanse invitados por cousa da estreita amizade que unía os noivos e os seus familiares." (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)

"… desde aquela todo veu vindo a menos, todo era menos natural, era menos estreita a amizade …" (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.