fala

Lingua natural propia dunha comunidade humana (popular) / Variedade dunha lingua asociada a unha área xeográfica ou a un grupo social

Etimoloxía

Termo que deriva de “falar” que nos chega desde o latín fabulare ‘falar, conservar’.

Exemplos *

“Unha procura na sección Noticias de Google permite descubrir artigos publicados en moitos outros países de fala inglesa e en Reino Unido ou Irlanda xa hai compañías que preparan actividades para a xornada.” (Raquel C. Pico: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 2-2019)

“Ten un tío en Francia que, cando vén de vacacións, lle ensina cousas de alá, e figúrese que está aprendendo as falas do estranxeiro.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.