Persoa que traduce oralmente para outra as palabras que alguén di nunha lingua descoñecida para ela
Etimoloxía
Voz que nos chega directa do latín interpres, -etis de significado semellante.
Exemplos *
“El dedicábase pola súa profesión a viaxar e escribía artigos e libros sobre as súas vivencias nos distintos países. Dominaba idiomas e traballaba ás veces de intérprete.” (Úrsula Heinze: Delirio de pracer, 2018)
“A influencia portuguesa será tan grande que cando cheguen, douscentos anos máis tarde, outros (...) para poder relacionarse cos reinos hindús, ou incluso cos sultanatos musulmáns afastados da costa, veranse obrigados a levar consigo intérpretes de portugués e de persa.” (Luis Méndez Pérez: Galicia Hoxe, 7-4-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.