Que é moi amigo de parolar
Etimoloxía
Vocábulo que se crea sobre a palabra “parola” que nos chega desde o italiano, pero que remite ao latín parabola ‘narración’.
Exemplos *
“Non lle fagas caso , que che é moi paroleiro — advertía , a miúdo dona Gloria , mestra xubilada , que retornara a vivir á aldea dos seus pais , onde nacera , para ter máis preto a cabeza do corazón da terra que amaba.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)
“A guerra civil de España seguía suscitando a fervorosa atención dos portugueses. En Lisboa, en Chaves, en calquera vila do país había entusiastas seguidores dos dous bandos belixerantes que non se daban treguas na loita paroleira.” (Antonio Fernández Pérez: Don Gabino, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.