plurilingüe

Que fala varias linguas

Etimoloxía

Voz que se forma co prefixo plur(i)- o vocábulo latino -linguis, derivado de lingua de significado semellante, formada a imitación de “bilingüe” e “trilingüe”.

Exemplos *

“Galego, euskera e catalán piden a súa 'oficialidade' na UE: Hai que recoñecer a natureza plurilingüe de Europa.” (X.M.P.: Nós Diario, 18-9-2023)

“A estrea da visita virtual á Casa-Museo, e primeira Casa-Museo de Galicia que se dota dun percorrido inmersivo plurilingüe.” (AA.VV.: Praza Pública, 9-7-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.